Accesibilidade

Política de accesibilidade de Reactivatur

O obxectivo é conseguir un portal accesible para todos os usuarios. Por iso, seguíronse as Pautas de Accesibilidade para o Contido na Web 1.0 (WCAG 1.0) do W3C.

Cumprimento dos estándares
As páxinas cumpren os requisitos de axuste ao nivel Dobre-A das Directrices de Accesibilidade para o Contido Web 1.0 do W3C, incluíndo todos os puntos de verificación de Prioridade 1 e Prioridade 2 definidos nas directrices. As Directrices de Accesibilidade para o Contido Web 1.0 explican como facer o contido web accesible para as persoas con discapacidade. Desta forma, pódese asegurar que a maior parte dos usuarios accederán á información publicada.

Atallos de teclado
Reactivatur é compatible coas versións dos navegadores máis utilizados e permite o uso combinado de atallos de teclado para acceder ás páxinas de referencia segundo os distintos navegadores: Explorer: ALT + tecla + ENTER. Firefox: ALT + MAIÚSCULAS + tecla. Opera: MAIÚSCULAS + ESC + tecla. Safari (Mac): CTRL + OPTION + tecla. Safari (Win): ALT + tecla. Chrome: ALT + tecla.

Contacto
Para poder continuar coa mellora da accesibilidade da páxina web reactivatur.es, podes enviarnos as túas suxestións ao correo electrónico de contacto.

Scroll to top