Que é Reactivatur?

Unha porta de acceso áxil e rápida á ampla rede de axudas que as distintas Administracións puxeron á disposición do sector turístico, un dos máis golpeados polo impacto derivado da pandemia de COVID-19. Entidades locais, comunidades autónomas, o Goberno de España e a Unión Europea teñen en marcha numerosas axudas e programas cuxo acceso e coñecemento queremos facilitar dende este sitio web.

Con ese obxectivo, o Ministerio de Industria, Comercio e Turismo, a través da Secretaría de Estado de Turismo, creou Reactivatur, unha web que reúne todas as axudas dispoñibles procedentes das distintas Administracións do Estado español, pero tamén das institucións da Unión Europea.

O usuario poderá localizar as axudas no buscador con só incluír unha serie de parámetros axustados ás súas necesidades.

 

Reactivatur

A quen vai dirixido?

Reactivatur está dirixido a empresas, autónomos e asociacións do sector turístico, como poden ser: cadeas hoteleiras, axencias de viaxes, transportes, restauración, comercio, experiencias turísticas etc.

Tipos de axudas

As axudas que se poden encontrar en Reactivatur están vinculadas con aspectos económicos, fiscais, laborais e de formación, así como con actuacións destinadas á transformación dixital do turismo.

Tipos de axudas

* As Comunidades Autónomas inclúen por defecto as axudas estatais. Para excluílas, seleccione no filtro: Administración Autonómica.
Scroll to top